Festa de Interese Turístico Galego. Cada 31 de agosto, e desde fai 260 anos, ten lugar na localidade boirense de Bealo esta romaría que rende culto a San Ramón, patrón de las parturientes.
A explanada na que se celebra a romaría é un lugar de festexos dende tempos inmemoriais. Unha das evidencias que leva a esta conclusión é a existencia de varios gravados en grandes rochas que hai a uns metros da ermida. Un destes gravados ten forma de serpe, símbolo da fertilidade fai miles de anos. Por iso, cada ano, decenas de mulleres personifican o ritual da fertilidade pedindo a San Ramón un fillo. Si visitas este enclave o 31 de agosto, comprobarás que no ambiente respírase unha fusión de tradición católica có espírito dos antigos cultos pagáns.
DATA: 31 de agosto